“Neda a petiscos” despídese esta fin de semana coas últimas degustacións

Haberá tres citas na hora do almorzo, e outras tres á hora do viño
Neda a petiscos 1

Última fin de semana de degustacións gratuítas nos establecementos de hostalería local de produtos enfornados por tafonas do municipio.  Serán seis novas citas no marco de “Neda a petiscos” para que veciñanza e visitantes poidan saborear, acompañando ás súas consumicións, empanada, bola ou proia subministradas polo concello.

A iniciativa municipal para fomentar o consumo de pan de Neda e doutras elaboracións dos fornos da vila e máis para incentivar a visita aos negocios de restauración, chega á súa recta final. E faino, seguindo o esquema das semanas anteriores. Así, segundo as preferencias dos locais, haberá tres citas na hora do almorzo, e outras tres á hora do viño.

sábado pola mañá poderase saborear no café bar Oriental a bola de patrón preparada polo Forno de Binuca. E na mesma xornada, ao mediodía, poderanse probar as súas soadas empanadas sen gramar e as de Panificadora Germán no Bar Catalina. Mentres, a clientela de La flor de mayo, na zona de Xuvia, degustará a empanada servida pola La barra de oro e máis por Panadería Tito.

Derradeiras catas

domingo, xornada de peche desta campaña gastronómica, será un bo día para os máis larpeiros. Co café matinal, terán ocasión de probar a riquísima proia de Panificadora Germán en Casa Arribe (zona do Puntal), e na cafetería da Pensión Maragoto (Xuvia), a bola de ovo enfornada por J. Castro Hermanos. Xa por último,  na hora do aperitivo, acompañando á bebida, haberá petiscos de empanada do Forno de Liñares e da confeitaría O Carrizo no mesón O Recuncho (casco histórico de Neda).

Dende o Concello animan a veciñanza e visitantes a participar nas últimas citas de “Neda a petiscos”, un programa gastronómico que, nesta segunda edición, conta co respaldo de 12  panaderías do municipio e de 18 locais de restauración.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.