Fonsagrada entrega os seus Butelos de Ouro

Foi otorgado a 13 mulleres e un home que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante a crise sanitaria
120223 Acto entrega Butelo de Ouro

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao alcalde, Carlos López López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece a 13 mulleres e un home veciños do municipio que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante os primeiros meses da crise sanitaria, chegando a facer 5.000.

José Tomé Roca valorou a importancia deste galardón, que “poucas veces se outorgou con tanto merecemento como nesta ocasión” porque “ás veces esquécesenos que as persoas máis excepcionais e con máis talento son eses veciños e veciñas que viven preto de nós”, sinalou. “Como demostrou a pandemia, a boa veciñanza implica sempre solidariedade, coidar os uns dos outros, acompañar e preocuparse. E iso foi o que fixeron estas 14 persoas, dun xeito exemplar”, resaltou o mandatario provincial.

“A iniciativa destas persoas, que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas para os seus veciños e veciñas, é unha desas fermosas páxinas de convivencia e de boa veciñanza que nos deixaron aqueles tempos tan tristes”, explicou José Tomé. O alcalde, pola súa parte, asegurou que se trata “dun mérito que tiña que ser recoñecido con este premio dos fonsagradinos, que agradece o traballo altruísta da veciñanza”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.