O GALP do Golfo Ártabro Norte prepara a execución da estratexia de desenvolvemento local participativa

O programa ten un orzamento total de preto de seis millóns de euros para este ámbito territorial
Imaxe de arquivo dunha reunión informativa do GALP
Imaxe de arquivo dunha reunión informativa do GALP

O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte, unha vez asinado o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar polo que xestionará no actual período FEMPA (Fondos Europeos da Pesca e da Acuicultura) 2023-2027 o programa de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local, está a preparar a execución deste novo período no territorio.

O programa ten un orzamento total de 5.804.160,29 euros, dos que 4.647.862,73 euros -o 80%- destinaranse exclusivamente a axudas a proxectos no territorio de actuación que se estende a dez Concellos: Narón, Ferrol, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne; e ás seis Confrarías: Miño, Pontedeume, Ares, Mugardos, Barallobre e Ferrol.

Os fondos destinaranse ao desenvolvemento do programa de actuacións, que ten como obxectivos estratéxicos o aumento do valor, creación do emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes productos e a actividade productiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. Tamén busca fomentar a economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras. Reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais.

Esta asignación de fondos europeos contribuirá durante os vindeiros anos a xerar riqueza vinculada ao mar e ao seus produtos neste territorio costeiro, xa que a maior parte dos promotores serán pequenas empresas, microempresas, pemes e persoas particulares.

O GALP Golfo Ártabro Norte conta cunha sede en Miño, na Casa do Pescador, e conta cun equipo técnico para orientar e informar aos potenciais interesados en solicitar axudas públicas do FEMPA para os proxectos que vaian a desenvolver. En próximas datas prevese realizar unha campaña informativa e xornadas de divulgación no territorio para difundir o programa de axudas, do que se prevé que a Consellería do Mar publique a convocatoria para presentar solicitudes cara o verán. Non obstante, é convinte que os potenciais promotores interesados en solicitar axudas se informen co equipo técnico antes de iniciar calquera trámite, co obxecto de valorar no posible se a súa idea empresarial se adecúa aos obxectivos estratéxicos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.