A parroquia de Pedroso acollerá esta fin de semana a segunda edición do Mercado ancestral

Os postos abrirán as súas portas de 11.00 a 15.00 e dende as 17.00 ata as 23.00 horas
283147281_388179366682981_2305986893048377628_n

A concelleira de Festas e Feiras de Narón, Natalia Hermida, presentou esta mañá a segunda edición do Mercado Ancestral de Pedroso acompañada por Flor Felgar e Daniel Fernández, presidenta e vogal, respectivamente, da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso. A edil naronesa avanzou que se instalarán para a ocasión unha trintena de postos xunto ao local social da Pombiña. A apertura do Mercado ancestral será este venres, día 19:00 ás 17.00 horas, se ben as persoas que o desexen poderán achegarse tamén a este mercado ancestral o sábado e o domingo, xornadas nas que os postos abrirán as súas portas de 11.00 a 15.00 e dende as 17.00 ata as 23.00 horas, tal e como avanzaron.

Hermida explicou que haberá preto dunha trintena de postos, algúns de les de alimentación (churrería, panadería, embutidos, doces…) e tamén de comida rápida (taberna, crepería, bolos…) e a maiores outros de venda de diferentes artículos (bisutería, sacos térmicos, roupa, minerais, pezas de ganchillo, xoguetes, incienso…). “Haberá unha gran variedade de propostas para que as persoas que se despracen a Pedroso poidan desfrutar dunha agradable xornada na que adquirir algúns produtos ou degustar algunha das elaboracións que estarán á venda”, apuntou Hermida.

Ao apartado dos postos súmase unha ampla programación deseñada para os tres días, con actuacións de faunos, acrobacias, espectáculos de circo e lume, sesións musicais, xigantes, minotauros e moitas outras propostas para amenizar este Mercado Ancestral. Para as nenas e nenos tamén haberá varias atraccións infantís instaladas na zona e un recuncho específico no que poderán xogar e participar en varios obradoiros. Outro dos atractivos serán os obradoiros de oficios antigos, como a talla de madeira ou a construción dunha gaita.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.