Valdoviño abre inscricións na Volta ás Forcadas

A carreira popular celebrarase o 25 de xuño, con participación gratuíta
Arquivo - Volta ás Forcadas
Arquivo - Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño celebrará o vindeiro 25 de xuño a sexta edición da carreira popular Volta ás Forcadas, e esta mañá avanzábase a apertura do prazo de inscrición na cita a través da web www.galitiming.com ou presencialmente na Concellería de Deportes —primeira planta da casa consistorial, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas—. A participación, nas diferentes categorías, é gratuíta, e o tope para apuntarse, o 18 de xuño.

Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o tempo de lecer. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
A carreira arrancará ás 11 horas e o punto de saída e meta será o campo de fútbol Juan Sabín, en Vilaboa.

Un ano máis, permitirá aos participantes descubrir unha contorna natural única como é o encoro das Forcadas, considerado xa o segundo mar do municipio. Nela poderán participar nenos e maiores, con diferentes distancias a cubrir segundo a categoría. Dende os 100 metros dos pitufos ata os 9 km dos sénior e veteráns. Iso si, a saída irase realizando de forma escalonada.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.