A residencia de maiores de Narón entra nos plans de TEGA

Marián Ferreiro comprometeuse a poñer terreos municipais a disposición da Xunta ou da Deputación
Archivo - Marián Ferreiro xunto co edil de Obras
Archivo - Marián Ferreiro xunto co edil de Obras

A candidata de Terra Galega á alcaldía de Narón, Marián Ferreiro, anunciou no acto electoral celebrado  en Castro un novo compromiso do seu programa electoral: favorecer a construción dunha residencia pública de maiores autonómica ou provincial, ofrecendo dende o Concello todas as condicións necesarias en canto á oferta de espazo público, urbanización para favorecer e contribuír á súa construción”. Así mesmo, recalcou que “continuaremos traballando para que esta cidade, con preto de 40.000 habitantes, conte cunha residencia pública para persoas maiores, un servizo que consideramos fundamental e que queremos que sexa unha realidade canto antes”.

Ante as veciñas e veciños da parroquia de Castro que se achegaron ao acto electoral, no que Ferreiro estivo acompañada polos edís Pablo Mauriz e Manuel Ramos entre outros integrantes da candidatura, tamén destacou que “continuaremos avanzando na implantación do saneamento e abastecemento, na área da eficiencia enerxética e en eliminar a fenda dixital que sofren aínda algunhas zonas de sombra do noso termo municipal”. Outra das propostas de TEGA para o vindeiro mandato é a creación dun mapa de rutas circular que atravese o Concello para dar a coñecer lugares emblemáticos. “Esta parroquia ten moitos atractivos coñecidos polas naronesas e naroneses, pero que tamén queremos amosar a outra xente a través desa ruta circular”, asegurou.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.