O candidato do PSOE de Narón quere premiar a natalidade no concello

Jorge Ulla propón conceder unha tarxeta benvida ás familias que acaben de ter un fillo e poñer en marcha un servizo público de canguraxe
El candidato socialista, Jorge Ulla, durante la presentación de su proyecto para Narón
El candidato socialista, Jorge Ulla, durante la presentación de su proyecto para Narón

Jorge Ulla, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Narón, presenta un conxunto de medidas encamiñadas a fomentar a conciliación e promover a natalidade no concello. Concretamente, o socialista propón establecer unha tarxeta benvida ás familias que acaben de ter un fillo ou filla, un servizo público de canguraxe ou a xestión pública do servizo de madrugadores. “Son medidas que responden á ausencia de servizos de conciliación familiar no Concello de Narón, ao tempo que buscan reverter a perda de habitantes que Narón sufriu recentemente”, sinalou Jorge Ulla.

O candidato socialista propón crear a «Tarxeta Benvida», un programa dirixido ás familias que acaban de ter un fillo, comezando en 2023 e con carácter retroactivo dende xaneiro. Esta tarxeta, compatible con outras axudas públicas, tería un importe destinado a gastos nos pequenos comercios. Deste xeito, brindaríase unha dobre axuda tanto ás familias como ao comercio local e de proximidade. En liña co seu compromiso coa conciliación laboral e familiar, Jorge Ulla sinala que o Concello de Narón debe xestionar directamente o servizo de madrugadores, como xa fan outras administración locais.

“Actualmente, esa tarefa asúmena as AMPAS, pero se o Concello se encargase de xestionalo, descargaría esta responsabilidade das asociacións de pais e nais, garantindo a súa dispoñibilidade en todos os centros”, propón o socialista. Por último, o candidato do PSdeG-PSOE destacou a importancia de ofrecer alternativas de coidado e atención para os nenos fóra do horario escolar. Seguindo o exemplo doutros concellos, Jorge Ulla propón a creación dun servizo público de canguraxe.

“Seguindo outros proxectos en marcha, poderían habilitarse espazos e persoal para coidar aos nenos e nenas, como ludotecas.  Tamén se ofrecería a opción de atención a domicilio para aquelas familias que requiren deste servizo”, puntualizou o candidato socialista. “Malia a gran cantidade de familias con nenos e nenas que viven en Narón, o Concello quedou rezagado en servizos para atender ás súas necesidades. É fundamental que tomemos medidas concretas para fomentar a conciliación e promover a natalidade, ofrecendo ás familias as ferramentas necesarias para criar e educar aos seus fillos», concluíu Ulla.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.