As Pontes reclama unha cobertura estable da praza de pediatría do Centro de Saúde

Os grupos políticos municipais, a excepción do PP, remitiron unha carta ao Sergas
Centro de Saúde de As Pontes.
Centro de Saúde de As Pontes.

Os grupos políticos con representación no Concello de As Pontes, a excepción do Partido Popular, veñen de remitir unha carta ao Sergas esixindo a inmediata cobertura, de xeito permanente e estable, da praza de pediatría do centro de saúde do municipio.

Ante a cobertura con carácter temporal deste posto, solicitan -tal e como pon na carta- «unha solución definitiva que permita ás nenas e nenos menores de 14 anos da nosa vila ter acceso a unha atención sanitaria de calidade”.

Neste mesmo escrito lembran que “o servizo de pediatría no noso municipio dá cobertura sanitaria a preto de 1.100 nenos e nenas e debe prestarse con absolutas garantías”, subliñando que “desde o Concello das Pontes non cesará o empeño para evitar a precarización e a perda de calidade dos servizos públicos».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.