A inauguración da exposición ‘Burela a través dos libros de festas’ marca mañá o inicio das festas patronais

Será na Biblioteca municipal ás 20:00 da tarde e a mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño
libros antiguos

Mañá, 25 de maio, ás 20:00 horas será inaugurada na Biblioteca Pública Municipal a exposición ‘Burela a través dos libros das festas’, onde se poderán visualizar un bo número de exemplares comprendidos entre os anos 1947 e 2000. A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño e poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

A exposición foi organizada pola Comisión de Festas e pola Concellaría de Cultura. José Díaz subliñou hai uns días que “recordar nuestra historia y ponerla en valor es parte de la cultura de un pueblo”. Con este acto de inauguración darán comezo as festas patronais de 2023. Ao mesmo asistirán, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, e a presidenta da Comisión de Festas, Toñi Eijo.

Xa o venres, día 26, ás 21:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a igrexa da Vila do Medio ata parroquial, que estará acompañada da Banda de Gaitas Dambara.

O sábado, día 27, terá lugar o pregón a cargo de Albano González Cancio na Casa da Cultura, e actuación da Escola de Música de Burela. Ao seu remate está prevista a actuación tamén do dúo Manopuesta.

E o domingo 28 será o día infantil con inchables na praza do Concello ao longo da tarde. Esa xornada celebrarase tamén unha nova edición do rastrillo popular solidario na Praza da Mariña.

As festas patronais de Burela continuarán ata o 6 de xuño con infinidade de actividades.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.