A asociación camiñantes e camiños de Barreiros organiza o sábado unha ruta a San Andrés de Teixido

Son un total de 16 quilómetros e a saída desde Cabo Ortegal será as sete da mañá para os que fagan a ruta a pé
Archivo - Caminata a San Andrés
Archivo - Caminata a San Andrés

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha ruta a San Andrés de Teixido.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a ruta desenvolverase entre Cabo Ortegal e o santuario de San Andrés de Teixido. Son un total de 16 quilómetros”.

Gómez Puente sinala que “para os que imos facer a ruta a pé a saída desde Cabo Ortegal será ás sete da mañá. E para os que vaian pasear será a partires das nove. Xa á unha do mediodía asistiremos á misa no santuario e ás tres teremos xantar nun restaurante da zona”. O prezo da viaxe é de 10 euros e o da comida de 15 euros. A hora prevista de chegada a Barreiros será ás sete da tarde.

O presidente de Camiñantes e Camiños de Barreiros anima “a participar nesta ruta, que facemos no outono a San Andrés de Teixido. É un bo momento para compartir camiño, conversa e xantar”.

As persoas interesadas en obter máis información sobre esta actividade poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 623 226 825.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.