Os afectados pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrol mantéñense en cinco, unha cifra que non variou dende o pasado mércores 5 de agosto. Segundo a Consellería de Sanidade, os cinco infectados polo coronavirus atópanse nos seus propios domicilios con autocuidados e seguimento sanitario.
Ata o momento xa se coñecía que os dous primeiros casos en dar a voz de alarma pertencen ao municipio cedeirense, e non se sabía a orixe dos outros tres. Porén, segundo fontes sanitarias estes tres últimos positivos son consecuencia do ocio nocturno, tras producirse unha festa privada nun municipio de veraneo da zona de Ferrolterra. A preocupación pola subida dos contaxios xa é unha realidade, e de feito hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, dictou varias normas a seguir para frear esta segunda oleada que afecta a gran parte da comunidade autónoma
Discussion about this post