A compañía Galeatro trae este sábado á Casa da Cultura de Neda “O Camiño da lingua”

Comezará ás 18.30 horas e a reserva de entradas poderase facer ata o venres no teléfono 981 39 02 33
o-caminho-da-lingua

O salón de actos da Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado 31 de outubro ás 18.30 horas a obra “O Camiño da lingua”, da compañía Galeatro. Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias, este espectáculo teatral inclúese no programa de dinamización lingüística Falaredes, no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

A entrada é de balde, con inscrición previa ata o venres chamando ao teléfono 981 39 02 33 en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas e de tarde de 17.00 a 20.00 horas. As prazas están moi limitadas por mor dos protocolos de prevención fronte á Covid-19 por unha cultura segura.

Na obra, atoparemos a Xan, que quere participar no concurso O Camiño da lingua coa intención de gañar o gran premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e coa literatura galega. Pero el só non é quen de superar todos os retos e solicita a axuda do público.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.