A Avenida Peirao de Pontedeume permanecerá pechada ao tráfico debido ás obras de saneamento

As obras para renovar a rede xeral de saneamento da fachada marítima impiden o acceso ata o vindeiro luns 3 de agosto
pantalanespont

CORTE DE TRÁFICO NA AVENIDA DO PEIRAO POLAS OBRAS DE SANEAMENTO NA FACHADA MARÍTIMA DE PONTEDEUME

Debido ás obras que está executando o Concello de Pontedeume para renovar a rede xeral de saneamento na fachada marítima, haberá un corte de tráfico na avenida do Peirao e que durará ata o vindeiro luns 3 de agosto. Polo tanto, os vehículos que entren pola avenida do Peirao teñen que desviarse pola rúa Gumersindo Placer, bordeando o antigo xulgado -hoxe edifício dos Servizos Sociais-.

Para facilitar o tránsito suprimiranse na rúa Galera as prazas de aparcadoiro para que poida ser de dobre sentido, facilitando deste modo o aceso á zona final do peirao. Debido á diminución de aparcadoiro, o concello pintará a zona que hai detrás dos «Almacenes Rajoy» para optimizar espazos e habilitará unha nova zona de estacionamento na Avenida Ricardo Sánchez, na finca que se atopa baixo o coñecido como «edificio Tenreiro».

As obras, as cales contan cun prazo xeral de execución de 15 meses -dos que restan uns 7 para o seu remate- servirán para renovar a rede de saneamento e a separativa de augas pluviais desde o paseo marítimo de Pontedeume, á altura da praza do Maestro Álvaro Vázquez Penedo, ata Sopazos, á altura do club Firrete.

O orzamento ascende a 4,2 millóns de euros e a actuación terá unha gran beneficio sobre a actividade de marisqueo e por suposto desde un punto de vista medioambiental, xa que eliminará os verquidos de augas fecais no estuario do Eume e en toda a fachada marítima.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.