Xa é Nadal en Oroso cun programa máxico e de lecer para todas as idades

PÁGINA 1 E

Outro ano máis, os nenos e nenas de Oroso volven a contar cunha ampla oferta de actividades dentro da programación no Nadal 2021. Son datas moi especiais para toda a veciñanza, pero especialmente para os máis pequenos e as súas familias, que son o público obxectivo de gran parte das actividades.

Os obradoiros de manualidades, as sesións de maxia e os espectáculos teatrais son algunhas das propostas organizadas para que as familias podan gozar nun entorno seguro e baixo o cumprimento dos protocolos sanitarios.

O 18 de decembro arranca a intensa axenda cun obradoiro de bonecos de neve para nenos maiores de 5 anos e o espectáculo “Derriba da lúa”. Unha obra de narración oral e musical dirixida a familias con bebés de 0 a 3 anos. O teatro volverá o 29 de decembro para o público familiar coa función “As bombas e o xeneral” da compañía Tanxarina e a maxia inundará o centro cultural o 30 do mesmo mes co espectáculo “El mágico viaje de Patri Zenner”.

Pola súa parte, o 3 e 4 de xaneiro os obradoiros de gofres e vasiños de chocolate serán unha alternativa para a rapazada con máis dotes culinarias. Tamén haberá un tren safari infantil instalado ata o 5 de xaneiro e un concurso de postais de Nadal con mensaxe.

Ademais, os nenos e nenas de máis de 8 anos poderán inscribirse para participar na excursión do 28 de decembro ao Nova Jump – Trampoline Park de Santiago de Compostela.

Pero non todas as citas do calendario están dirixidas á poboación infantil. Os adultos tamén contarán con actividades específicas, como o obradoiro de centros de Nadal con froita programado para o 22 de decembro e os concertos organizados pola Escola Municipal de Música para o día 23. Ambos días tamén serán perfectos para mercar algún agasallo no Mercado de Artesanía formado por vendedores locais.

Dentro da axenda, cabe sinalar as tres visitas especiais que acollerá o municipio durante estas datas. Papa Noel será o primeiro en atender ás peticións das crianzas o 23 en horario de mañá e de tarde na praza de Isaac Díaz Pardo. Despois será a quenda do Apalpador, que percorrerá as rúas da localidade partindo ás 19.00 horas desde a praza de Alexandre Bóveda ata a Isaac Díaz. Por último, os Reis Magos despedirán as festas de Nadal o 5 de xaneiro cunha recepción no pavillón municipal e a Gran Cabalgata.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.