Éxito das XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee

O domingo remataron dúas fins de semana nas que os amantes dos cogomelos disfrutaron de recollidas, charlas, mostras e degustacións
As XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee | CONCELLO DE CEE
As XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee | CONCELLO DE CEE

O pasado domingo remataron as XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, unha actividade organizada pola Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo en colaboración co Concello de Cee na que os amantes dos cogomelos disfrutaron dun amplo programa con saídas ó monte, charlas, exposicións e mesmo degustacións de petiscos na hostalería ceense.

As actividades iniciáronse o pasado 1 de novembro cunha saída ó monte da man de expertos de Pan de Raposo e continuou esta fin de semana cunha exposición de cogomelos e traballos escolares na Casa da Cultura de Cee, aberta mañá e tarde e con visitas guiadas durante as dúas xornadas.

As XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee | CONCELLO DE CEE

Asimesmo, a Casa da Cultura tamén foi o escenario da charla “Setas, sabores e texturas”, de Brais Pichel Díaz, chef do Restaurante Terra; e de “achegamento ó xenero Boletus s.I” con José Manuel Castro Marcote. En paralelo a estas actividades, durante a fin de semana houbo petiscos de cogomelos en Hotel Larry, Mar de Crebas, A Mariña, As Viñas, Café Bar O Rincón de May e Taberna mariñeira O Ribeiro.

As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte están organizadas pola Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo coa colaboración do Concello de Cee e de Milar Cee.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.