A programación cultural de Ortigueira trae este mes pintura, ocio infantil, humor e teatro

Tamén haberá actividades formativas para persoas desempregadas na aula CeMIT
medidaxmedida

A axenda cultural do Concello de Ortigueira para este mes de novembro trae actividades de ocio infantil e familiar, teatro, un monólogo, unha exposición e iniciativas de formación. Durante todo o mes, de luns a venres, pódese visitar na sala de exposicións do primeiro andar do Concello a mostra colectiva de pintura “Invenciones”, de Secundino Rivera, Octavio Blanco e Marián Rivera. O horario é de 10.00 a 13.00 horas, con aforo reducido.

Mañá martes, 10 de novembro, haberá unha sesión de contacontos na biblioteca municipal a cargo de Raquel Queizás, que relatará o conto do Xogo de Nano ,para nenos e nenas de un a catro anos de idade. Será ás 17.30, con inscrición previa a través do teléfono 981 400 101.

Desde o luns 16 e ata o día 20 desenvolveranse na Aula CeMIT -de 9.30 a 13.30- un taller de competencias dixitais para mellorar a empregabilidade e un obradoiro de actividades dixitais. A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas con tarxeta do Servizo de Emprego activa. O día 27 -neste caso de 9.00 a 14.00 horas- os emprendedores de entre 18 e 35 anos con tarxeta do SEPE activa poderán participar nun Programa de Talento Emprendedor a través dunha tormenta de ideas para xerar proxectos empresariais e fomentar a creatividade individual e grupal. Todas estas actividades faranse en colaboración con Red Araña.

O sábado 21 ás 20.00 horas volve a actividade ao Teatro da Beneficencia, neste caso cun monólogo de Federico Pérez titulado “A noite do capador”. O popular Josito de “Padre Casares” é o responsable deste espectáculo de humor en directo que está levando polos principais escenarios de Galicia. As entradas teñen un prezo de 3,50 euros.

Unha semana despois, o sábado 28, Producións Teatrais Excéntricas representará, tamén no escenario do Teatro da Beneficencia, a obra “Medida x Medida”, baseada na “comedia negra” de William Shakespeare. Será ás 20.00 horas con entradas a 3,50 euros.

Esta programación está suxeita a posibles cambios derivados das restricións que se adopten como consecuencia da pandemia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.