O Concello das Pontes convoca un concurso para elixir o deseño do cartel da «Feira do Grelo 2020»

O prazo de presentación de imaxes remata o 27 de xaneiro. O gañador recibirá un premio de 750 euros.
GRELO

O Concello das Pontes ven de convocar un concurso para o deseño da imaxe e cartel oficial da 40ª edición da Feira do Grelo, que se celebrará os días 22 e 23 de febreiro de 2020.

Este concurso, no que poden participar tanto persoas físicas como xurídicas, de forma individual ou en equipo, ten como obxectivo elexir a imaxe oficial da Feira do Grelo que será empregada na campaña de difusión informativa e publicitaria desta cita gastronómica pontesa.

As bases do concurso, cuxo cartaz gañador recibirá un premio de 750 euros, esixe que os traballos sexan orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e poderán ser elaborados mediante calquera técnica ou procedemento artístico.

As persoas que participen neste concurso de cartaces deberán presentar as súa obras nun dispositivo de almacenamento USB e achegarán, obrigatoriamente, un sobre pechado cun documento no que figuren o seus datos persoais (nome, apelidos, dirección, teléfono,correo electrónico e datos que poidan facilitar o contacto co gañador/a) así como una fotocopia do seu DNI ou pasaporte.

Ademais deberán incluir tamén una declaración xurada na que indiquen que o traballo é orixinal e inédito e que non foi presentado a ningún outro concurso así como unha declaración responsable de non ter débedas coas administracións públicas.

O prazo de presentación dos traballos comezará ao día seguinte da publicación destas bases no BOP da Coruña e finalizará o 27 de xaneiro de 2020, ás 14:00 horas e os traballos poderán presentarse no rexistro municipal do Concello das Pontes, en horario de maña, ou por correo postal.

Para a recepción dos traballos por correo postal soamente serán admitidos os que se reciban ata o 29 de xaneiro, sempre que fose enviado dentro do prazo establecido e se acredite o envío do traballo por correo electrónico ao enderezo [email protected], axuntando o acuse de recibo de correos ou axencia de transporte, xunto co lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.

Os traballos presentaranse no rexisto ou enviaranse por correo postal debidamente embalados ao seguinte enderezo: Concello de As Pontes. Concurso de carteis Feira do Grelo 2020. Parque Municipal s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.

A persoa gañadora deberá, posteriormente, presentar diferentes adaptacións do cartaz deseñado (adaptacíon coa inserción do programa de actividades da Feira do Grego, deseño dun tríptico informativo (A4) e adaptación do deseño para soportes dixitais) segundo as características establecidas polo Concello das Pontes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.