“O novo mercado municipal será vital para Pontedeume”

Fernando Barallobre é o presidente da Unión de Comerciantes e Autónomos (UCOA) de Pontedeume. O seu desexo para este Nadal: “que chova un pouco menos”. A medio e longo prazo asume que "O futuro do comercio de pontedeume depende tamén do futuro da industria e a economía”
Fernando Barallobre, presidente da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume.
Fernando Barallobre, presidente da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume.

Leva moito tempo pelexando polo seu sector, Fernando Barallobre coñece polo miúdo os grandes retos e preocupacións dos comercios, os establecementos de hostalería e os autónomos en xeral.

Como se presenta a tempada de Nadal?
Vimos dun mes de novembro moi malo, sobre todo porque non parou de chover. Iso é bo para as tendas de roupa e calzado, pero para os demais… Os bares e restaurantes estiveron baleiros, xa é un mes máis frouxo tradicionalmente e aínda encima co tempo que houbo todo foi máis complicado. Esperemos que as expectativas melloren o todos rematemos satisfeitos o Nadal.

Temos un outono dos de antes.
Si, o tempo foi malo e ademais o pequeno comercio vive moi a carón dos problemas da xente. Agora estamos moi preocupados polas novas que chegan da industria e a economía en xeral.

Que opina de iniciativas como o Black Friday?
Son modas que ao mellor se notan máis nos grandes centros comerciais, pero non supoñen moito para o comercio de proximidade.

Cantos socios ten agora mesmo UCOA?
A día de hoxe 79. Éramos preto de 100 hai seis ou sete anos, pero por peches e xubilacións baixou o número.

E cales son as grandes preocupacións para o ano 2020?
O que falabamos antes. Estamos moi pendentes do que pasa en Navantia, do que pasa na central de As Pontes, da economía en xeral. Se aumenta o desemprego, baixa o consumo, e non estou a descubrir nada novo. Esperamos que as novas non sexan tan malas como parecen e a comarca teña futuro.

 

«Ao novo goberno central pídolle medidas a longo prazo para os autonómos, non medidas curtopracistas como a tarifa plana dos autónomos, que a longo prazo non son positivas.»

 

«Desde UCOA impulsamos iniciativas como a Fashion Night ou as rutas de tapas e temos apoio por parte do Concello de Pontedeume, co que mantemos unha relación estupenda.»

 

«O mes de novembro moi malo, sobre todo porque non parou de chover. Esperemos que as expectativas melloren o todos rematemos máis satisfeitos a tempada de Nadal»

 

Cal é a relación co Concello de Pontedeume?
Moi boa, temos unha relación estupenda, sempre foi así, non temos problemas co concello e sempre houbo colaboración.

Pódese incrementar esa colaboración?
Desde UCOA impulsamos iniciativas como a Fashion Night ou as rutas de tapas e temos apoio por parte do Concello de Pontedeume. Temos que reforzar este tipo de actividades e poñer novas en marcha.

Xa falta menos para que o mercado municipal abra de novo.
É vital para Pontedeume, para revitalizar a economía local, o casco histórico, para que a xente ande máis pola rúa. Paréceme moi ben que abra os sábados. Temos todos moitas gañas de ver o novo mercado e os seus postos cheos, hai moitas expectativas.

Manteñen relación con outras asociacións da comarca.
Agora menos, desde a crise ecónomica hai menos contacto, nin sequera coñezo exactamente as asociacións que seguen abertas.

Que lle pediría ao novo goberno central?
Medidas a longo prazo para os autonómos, non medidas curtopracistas como a tarifa plana dos autónomos, que a longo prazo non son positivas. O sector non necesita tanto axudas directas, necesita máis servizos e menos burocracia.

 

Relacionada: Aberto o prazo para optar aos postos do mercado eumés

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.