Unha granxa de A Capela, Vilasuso Sociedad Cooperativa Galega, vén de ser distinguida co primeiro premio da convocatoria“Exceleite” concedido pola Xunta de Galicia, que pon en valor a excelencia da calidade hixiénica e sanitaria dos produtores de leite crú de vaca da comunidade galega.
Esta granxa acadou o recoñecemento na categoría de grandes extensivos: conta cunhas 170 cabezas de gando, e produce uns 3.700 litros de leite cada dia. A distinción autonómica supón un recoñemento do compromiso dos seus catro socios por ofrecer un produto de calidade.
Discussion about this post