A cabalgata de Entroido das Pontes repartirá 6.500 euros en premios

As comparsas sairán o martes 25 ás 17.00 horas da rúa Monte Caxado e rematarán o percorrido no pavillón polideportivo

A cabalgata de Entroido do Concello de As Pontes congregada cada ano a miles de veciños que participan nas comparsan con grupos de amigos e veciños para percorre as rúas da vila cos seus mellores disfraces e cheos de troula. Nesta edición, que vaise celebrar o martes 25 de febreiro, o Concello repartirá máis de 6.500 euros entre as persoas participantes.

O xurado terá en conta na súa valoración aspectos como a orixinalidade, o vestiario, a maquillaxe, a calidade musical ou a coreografía para outorgar os premios ás mellores carrozas, con 700, 550, 300 e 200 euros para os catro primeiras clasificadas. Haberá dúas modalidades para os grupos en función do número de integrantes. De tal xeito que, os grupos de entre 3 e 9 persoas optarán a premios de 350, 250 e 150 euros mentres que, entre as agrupacións de 10 ou máis membros repartiranse catro premios de 500, 400, 200 e 100 euros.

Ademais, o Concello de As Pontes premiará ás catro primeiras parellas adultas clasificadas con 175, 150, 100 e 75 euros, respectivamente e, a nivel individual, as persoas adultas que tomen a saída no desfile poderán gañar 125, 100, 75 e 50 euros se se sitúan entre os catro disfraces máis valorados polo xurado. Como en edicións anteriores, As Pontes tamén premiará aos participantes máis novos: na categoría infantil haberá sete premios, de 150 euros cada un, para os grupos, e outros tantos para as parellas e os participantes individuais, dotados con 75 euros e 50 euros, respectivamente, cada un deles. Aos participantes na categoría “menores de 8 anos” entregaráselles un conto. Aos premiados nas categorías infantís entregaráselles un vale trocable por libros, material, xogos educativos e didácticos.

A cabalgata de entroido partirá ás 17:00 horas da Rúa Monte Caxado para realizar, a continuación, un percorrido que discorrerá pola Avenida de Ortigueira,  Avenida de Vilalba, Rúa Celso Emilio Ferreiro para finalizar no pavillón polideportivo municipal, lugar onde se efectuará a entrega de premios.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces poden inscribirse, ata o luns, 24  de febreiro, ás 12:00 horas no rexistro xeral do Concello de As Pontes ou ben a través da dirección web www.sede.aspontes.com. 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.