A Deputación investirá 294.447 euros na construción dunha nova senda peonil en Ribadeume

As obras, que veñen de saír a licitación, suporán unha importante mellora da seguridade vial na zona e inclúen tamén a instalación de novo alumeado público
ribadeume aspontes

A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de contrución dunha senda peonil na estrada DP 1802 á altura do núcleo de Ribadeume, en As Pontes, cun orzamento 294.447,79 euros.

As obras permitirán mellorar a seguridade da veciñanza que reside ou se despraza a pé por neste núcleo, que conta con vivendas en ambas marxes do vial, segundo explicou o alcalde das Pontes e presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A nova senda  discorrerá pola marxe dereita da DP 1802. Irá elevada con respecto á calzada e estará construída con pavimento continuo de formigón en masa.  Terá unha lonxitude aproximada dun quilómetro (do PK 15+280 ao 16+230) e unha anchura de dous metros. Asimesmo, contará cun sistema de recollida de pluviais e drenaxe.

As obras incluirán tamén a mellora do alumeado público en todo o tramo, substituindo as actuais báculos e lámpadas de vapor de sodio por novas luminarias de sistemas LED, que melloran a eficiencia enerxética e lumínica.

1,4 millóns de euros

Esta obra completará a ambiciosa actuación prevista pola Deputación da Coruña nos primeiros 9 quilómetros da DP 1802 de Veiga de Cabana a As Pontes, cun orzamento previsto de 1,4 millóns de euros que permitirá construir unha senda peonil nos primeiros 300 metros de estrada e ampliar ata os 7 metros de ancho o vial ao seu paso polos núcleos de Goente e A Faeira, actuacións que suporán unha importante mellora da seguridade tanto do tráfico rodado coma dos peóns.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.