As Pontes adxudica catro obras de acondicionamento por máis de 500.000 euros

Os traballos de reparación do firme levaranse a cabo en máis de doce viais do rural pontés
Praza-IgrexaAsPontes

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes adxudicou hoxe varias obras por valor de 504.576 euros destinadas á rehabilitación e acondicionamento das vías de comunicación nas parroquias pontesas e a mellorar diversas infraestruturas municipais.

Así, axudicou a Construcciones Siber Ordes a rehabilitación do inmoble situado no número 3 da Rúa da Igrexa, no casco vello do municipio.  Esta obra, financiada pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 179.896.9 euros, co obxectivo de aproveitar ao máximo o espazo existente, prevé, en cada planta, a creación dunha aula taller e un ámbito multiusos.

Así mesmo, debido ao estado actual do inmoble, levarase a cabo unha rehabilitación integral da edificación que contempla a instalación de todos os elementos necesarios para dotar ao edificio de electricidade, iluminación, telecomunicacións, evacuación de residuos e recollida de pluviais así como de ventilación, fontanería, calefacción e climatización, apostando por sistemas que potencien o aforro e a eficiencia enerxética.

A empresa Excavaciones Saavedra y López  executará as obras de reparación e mellora da área de xogos infantís da Rúa covelos, nas Campeiras.  O proxecto, que ten un orzamento de 15.694 euros está destinado a renovar e axeitar a área de xogos da Rúa Covelos coa restauración dos elementos deteriorados e a dotación dun novo elemento de xogo.

Entre os traballos previstos tamén se atopan a reposición do valado de seguridade, delimitando todo o perímetro da área de xogo, seguindo a mesma proposta estrutural e estética dos diferentes parques municipais, e a colocación de portas de acceso e elementos de sinalizacion, tanto nos xogos como no propio parque.

As obras completaranse coa aplicación dunha capa de caucho SBR continuo, que actuará como base, destinada a minimizar o impacto ante posibles caídas para ofrecer a máxima seguridade e protección aos nenos e nenas ante o risco de caídas.

Francisco Gómez y Cía. levará a cabo os traballos de reparación e mellora de firme en Fragas dos Cregos, O Pazo, Murazoso, Cascalisto, Pedrafita, O Ruño, Badón, Gañidoiras e Somede e a empresa Explotaciones Gallegas as obras de reposición da capa de rodadura en camiños de Espiñaredo, Pontoibo-Covelo, Caneiro, Casas Ermas e Bidueiro.

Estas actuacións, cun orzamento de 308.985 euros con cargo á Deputación da Coruña, inclúen o barrido da superficie dos camiños e a limpeza das marxes e cunetas, coa eliminación da vexetación que invade o vial.

Asemade, procederase ao bacheao das zonas que se atopan afundidas e ao fresado do firme existente para realizar, de forma correcta, o entroque cos otros viais para, a continuación, proceder á renovación da capa de rodadura con formigon bituminosos de 5 centímetros.

Ademais realizaranse outras actuacións de mellora e aumento da seguridade viaria, tales como a reposición da sinalización horizontal, o pintado das liñas nos bordes dos viarios e das sinais precisas segundo marca o código de circulación vixente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.