As Pontes destina 40.000 euros ó programa «Eu almorzo no cole»

Máis de 130 familias concilian grazas a esta iniciativa, que ademáis promove os hábitos de vida saudables

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, destina, durante o curso 2019-2020, 40.000 euros ao programa municipal “Eu almorzo no cole”, un 9% máis que durante o curso anterior.

A concelleira responsable da área, Tania Pardo, sinala que “debido ao bo funcionamento desta iniciativa municipal e a boa acollida, tanto polas nais e os pais como polo menores, o goberno local apostou por incrementar, seguindo a liña de anos anteriores, a contía destinada a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamentos do programa, para tratar de dar resposta ás necesidades das familias pontesas que, por cuestións laborais e persoais, precisan deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do inicio da xornada escolar”

Asi, durante este curso escolar serán máis de 130 as familias que se beneficiarán deste programa.  No colexio Santa María o número de alumnos e alumnas que participan no programa, tódolos días, ascende a 15 mentres que son 10 os nenos e nenas que o empregan de xeito esporádico.

No caso do colexio A Fraga almorzan, diariamente, 25 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos, e 10 menores acceden a este servizo en días soltos, mentres que no CEIP A Magdalena o número de beneficiarios e beneficiarias do programa “Eu almorzo no cole” ascende a 80, sendo 50 os nenos e nenas que o empregan cada día e 30 usuarios e usuarias que fan uso de xeito puntual, en días soltos.

O programa municipal “Eu almorzo no cole”, posto en marcha polo goberno local no ano 2009, tamén busca promover hábitos saudables entre os rapaces e rapazas beneficiarias, a través de propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas, lácteos e cereais así como mediante actividades lúdicas complementarias, relacionadas coa dieta e a práctica de exercicio físico.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.