As Pontes estrea un novo parque canino con sete elementos para o exercicio e o xogo

O recinto, de 775 metros cadrados, incorpora zonas de adestramento e supuxo un investimento de preto de 20.000 euros
O novo espazo conta con sete elementos de adestramento e enriquecemento canino e supón un investimento de aproximadamente 20.000 euros | Concello das Pontes
O novo espazo conta con sete elementos de adestramento e enriquecemento canino e supón un investimento de aproximadamente 20.000 euros | Concello das Pontes

As mascotas das Pontes xa contan cun novo espazo pensado especificamente para o seu exercicio, lecer e socialización. O Concello vén de poñer en funcionamento un parque canino de 775 metros cadrados na Canle IV, acondicionado para que os cans poidan correr, xogar e interactuar con outros animais nun contorno seguro.

A actuación supuxo un investimento de preto de 20.000 euros e inclúe tanto a adecuación do terreo como a instalación dun peche perimetral e diferentes equipamentos de adestramento.

Sete elementos para poñer a proba as mascotas

O recinto conta con sete elementos de adestramento e enriquecemento canino: túnel, balancín, salto de altura, salto de lonxitude, empalizada, pasarela e roda.

Os equipamentos están pensados para cans de diferentes tamaños e características e permiten traballar capacidades como o equilibrio, a coordinación, a axilidade, a forza ou a orientación, combinando a actividade física coa estimulación mental.

Un espazo adaptado e seguro

Para acondicionar o parque foi necesario preparar e nivelar o terreo, achegar zahorra e instalar un sistema de drenaxe, traballos realizados con medios propios do Concello. Tamén se colocou un peche perimetral para garantir a seguridade dos animais e facilitar o control dos accesos.

O novo equipamento busca ofrecer ás familias con mascotas un lugar axeitado para que os animais poidan desenvolver actividade física e relacionarse con outros cans, ao tempo que se favorece unha convivencia responsable no espazo urbano.

Desde o Concello lembran ademais a importancia de manter limpo o recinto, respectar as normas de uso e garantir o respecto tanto aos animais como ao resto das persoas usuarias.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.