As Pontes programa un mes de actos en torno ao papel da muller na sociedade

O Concello presentou as actividades que se desenvolverán nas próxima semanas con motivo do 8M
8maspontes

O Concello das Pontes, a través dos departamentos de Benestar Social, Cultura e Deporte, conmemorará, durante os meses de marzo e abril, o Día Internacional da Muller, cunha ampla proposta de actividades que teñen como obxectivo común concienciar aos ponteses e pontesas, especialmente á mocidade, sobre o papel da muller na sociedade actual.

As actividades arrincarán mañá vernes, día 6 de, ás 12:00 horas coa lectura dunha declaración institucional, no pleno municipal do concello aberta a toda a veciñanza. Pola tarde, ás 20:00 horas, inaugurarase na Casa Dopeso a exposición “Mulleres” de Artpo na que as e os artistas locais amosarán a súa investigación sobre o corpo e a identidade feminina.

Na Biblioteca Municipal durante o mes de marzo haberá unha exposicion de libros “O futuro é femenino” de temática feminista que amosan a vida de mulleres científicas, escritoras, activistas, pintoras, aventureiras, políticas, entre outras. O xoves, 19 de marzo, celebrase a quinta edición da carreira “Corre por elas” no marco da XXX Carreira de San Xosé. Os fondos recadados estarán destinados a asociación ALVIXE, asociación para a loita contra a violencia de xénero.

Sensibilizar aos máis xóvenes

O alumnado de educación infantil recibirán, o día 10 de marzo, a visita de Caxoto Teatro cun contacontos sobre igualdade que leva por título “Contos vellos, novos finais” mentres que o alumando de educación primaria participará en diversos obradoiros de sensibilización en igualdade que terán como temática central á muller traballadora e a súa presenza en todas as áreas do mercado laboral.

Para os alumnos e alumnas de secudadaria dos IES das Pontes, o día 12 de marzo , Caxoto Teatro, a través do contacontos “Micromachista eu” tratará de facer reflexionar as e os participantes sobre a igualdade de xénero.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.