As Pontes publica as bases para participar na cabalgata de Entroido

Será o martes 25 de febreiro

O martes 25 de febreiro celébrase a tradicional cabalgata de Entroido. Para regular a participación nesta cabalgata o Concello de As Pontes establece as seguintes bases reguladoras.

1.- Participantes

Poderán participar todas as persoas que así o desexen e teñan a ben cumprir a normativa que aquí se expón.

2.- Categorías:

  • Adultos: Carrozas, grupos, parellas e individual.
  • Carrozas: enténdense por carroza, unha estrutura de grandes dimensións sobre rodas, ben sexa autopropulsada ou remolcada, confeccionada para tal efecto e convenientemente deseñada e decorada.
  • Distinguiranse dous tipos de grupos por número de participantes.
    • Grupos de 3 a 9 compoñentes.
    • Grupos de 10 ou máis compoñentes.
    • En ambos casos o 75% dos integrantes dos grupos deberá ser maior de 16 anos.
    • Parellas e individual. Deberán ser maiores de 16 anos.
    • Infantil: grupos, parellas, individual e meniños (na categoría meniños poderanse inscribir os rapaces e rapazas ata 8 anos); no resto das categorías a concurso de infantil a idade máxima será de 16 anos.

3.- Inscricións

As solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello das Pontes ou a través da sede electrónica (https://sede.aspontes.com) en impreso normalizado para este fin. Este impreso estará tamén dispoñible no departamento de cultura (Casa Dopeso, rúa Rosalía de Castro, 1º andar).

O prazo de inscrición abrirase o día da publicación das bases na web municipal e rematará o luns 24 de febreiro de 2020 ás 12:00 horas.

4.- Premios:

ADULTOS CARROZAS GRUPOS≥10* GRUPOS (3-9) PARELLAS INDIVIDUAL
700 € 500 € 350 € 175 € 125 €
550 € 400 € 250 € 150 € 100 €
300 € 200 € 150 € 100€ 75 €
 4º  200 € 100 € 100 €   75 € 50 €

Os premiados daranse a coñecer unha vez rematado o desfile no Pavillóns Polideportivo Municipal.

INFANTIL GRUPOS PARELLAS INDIVIDUAL MENIÑOS (ata 8 anos)
7 premios 150 € 75 € 50 € Un conto

Aos premiados nas categorías infantís entregáraselles un vale canxeable por libros, material e xogos educativos e didácticos.

5.- Valoración

Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos como a orixinalidade, vestiario, maquillaxe, calidade musical, capacidade de representación, coreografía… así como o desenfado e interpretación do disfrace que representan; nos grupos terase en conta ademais o número de compoñentes.

6.- Xurado

Estará formado por persoas designadas pola concellería de cultura, e un representante do Concello de As Pontes, con voz pero sen voto.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.