O Concello de As Pontes cederá ordenadores e wifis portátiles ao alumnado con menos recursos

O goberno de Valentín González quere "garantir a igualdade de oportunidades educativas" os escolares do municipio
olivares-reparto-ordenadores.jpg-kmlG--1024x512@abc

O Concello das Pontes, con motivo da suspensión das clases nos centros educativos do municipio, facilitará en préstamo, a partir desta semana, ordenadores e wifis portátiles con conexión a internet ao alumando sen recursos do municipio.

O Concello prestará, ata final do curso lectivo, 20 ordenadores portátiles doados pola empresa EDP Renováveis. O alcalde, Valentín González Formoso, agradeceu o enorme xesto da compañía eléctrica portuguesa, “una compañía que non ten ningunha relación con As Pontes pero que mira polo futuro dos veciños e veciñas máis novas».

Por outra banda, o Concello tamén cederá ao alumando pontés, 21 puntos wifi portátiles con acceso a internet para que podan acceder, nunha situación de igualdade para todo o estudantado, ao contido lectivo publicado a diario nas plataformas educativas dos diferentes centros escolares do municipio.

Estes puntos portátiles, que serán costeados polo Concello das Pontes, contan cunha tarxeta SIM de 4 GB mensuais e permitirán aos usuarios e usuarias a conexión wifi, tanto a través de ordenador, como de tablet ou teléfono móbil, permitindo ao alumnado seguir as clases on-line, recibir e descargar a documentación enviada polo profesorado, sen perder a actividade lectiva diaria.

O departamento de Benestar xa identificou ás familias, en situación de vulnerabilidade, que non teñen os recursos tecnolóxicos precisos para continuar co curso escolar nos seus fogares e durante os próximos días faralles chegar os ordenadores e os puntos de conexión wifi portátiles.

“Con esta iniciativa tratamos de evitar non só o efecto da fenda tecnolóxica e garantir a igualdade de oportunidades educativas senón tamén, na medida do posible, evitar que unha vintena nenos e nenas do noso municipio manteñan o ritmo do curso escolar” remarcou González Formoso.

 

Os portátiles que serán cedidos atópanse xa nas dependencias municipais
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.