A área de mocidade do Concello de Cabanas organiza para este venres, 17 de xuño, entre as 17 e as 19 horas, un obradoiro de parkour na cancha deportiva do Parque do Areal.
A actividade está destinada a mozas e mozos a partir dos 12 anos, e nela ensinaranse os principios e movementos desta disciplina. As persoas interesadas en participar deberán anotarse enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 495 959 -extensión 6-.
Campus Concilia Balonmán
A área de deporte colabora co Club de Balonmán de Pontedeume no Campus Concilia Balonmán, unha actividade destinada a nenos e nenas de 6 a 13 anos que se levará a cabo os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30 horas no Pavillón de San Martiño do Porto.
A actividade será gratuíta, xa que está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte, e para participar é necesario enviar un correo electrónico a [email protected], indicando nome e apelidos, e data de nacemento da nena ou neno, ademais dun teléfono de contacto.