Cabanas destinará parte do seu remanente aos negocios afectados pola crise do Covid-19

O Concello tamén desenvolverá unha campaña de impulso dos comercios locais en xuño e agosto
DSC_1654

O Concello de Cabanas está a traballar en novas medidas de alivio económico para combater a crise que está a causar a pandemia da COVID-19, para o que disporá de parte do seu remanente para un primeiro paquete de medidas dirixido a autónomos e pemes que se viron afectadas polo peche dos seus negocios desde a declaración do estado de alarma.

As medidas estarán enfocadas en axudas directas, e cunha fácil tramitación para axilizar ao máximo a súa obtención, co obxectivo de que o impacto da crise económica sexa menor, contribuíndo así a manter todos os postos de traballo.

Por outra banda, e xa cunha visión a medio prazo, o goberno local está preparando unha campaña de impulso dos negocios locais para desenvolver entre os meses de xuño e agosto, unha vez acadada a “nova normalidade”, coa que se fomente e dinamice a economía de Cabanas, potenciando un modelo de consumo que beneficie ao comercio local.

Completado o envío de máscaras

Esta semana completouse o envío de máscaras de protección lavables e reutilizables para toda a veciñanza de Cabanas, e se estima que todo o mundo poida ter a súa no seu domicilio ao longo da semana que vén.

Para facelo posible, o Concello de Cabanas colabora con Correos, que se encarga da distribución. En total, repartíronse máis de 3.000 máscaras de protección, cun custo de 6.200 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.