Cabanas inicia unha nova campaña de rozas nos camiños municipais

O Concello lembra á veciñanza o prazo do 31 de marzo para cumprir coa normativa de prevención de incendios da Xunta
FM30C6F2

O Concello de Cabanas comezou esta semana cos traballos de roza nas marxes das pistas e camiños municipais e que se estenderán ao longo das próximas semanas.

“Darase prioridade aos camiños con maior tráfico rodado e as súas vías anexas”, sinalou a concelleira de servizos, Eva García, quen explicou que se levou a cabo unha planificación dos traballos “tendo en conta as zonas de maior crecemento de vexetación”.

Desde o Concello de Cabanas recórdase tamén o vigor do bando que lembra á veciñanza a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle a normativa da Xunta sobre prevención de incendios. Estableceuse o prazo voluntario do 31 de marzo, tras o cal o Concello de Cabanas poderá exercer as actuacións de forma subsidiaria, trasladando os custes dos traballos ás persoas propietarias, de ser o caso.

Eucaliptos e piñeiros deben afastarse un mínimo de 10 metros das estradas e vías do ferrocarril, e cando menos 4 metros das pistas forestais. No caso de castiñeiros, carballos, cerdeiras, bidueiros e outras frondosas caducifolias, a obriga de separación é de 4 metros con respecto ás estradas e 2 das pistas forestais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.