Logo do levantamento da prohibición de plantar patacas debido á couza guatemalteca, o Concello de Cabanas organiza unha charla en colaboración coa Consellaría do Medio Rural para dar a coñecer as novas condicións impostas ás plantacións.
A xornada terá lugar o luns 27 de xaneiro ás 19.30 horas no salón de plenos da casa do Concello, e contará coa presenza de persoal técnico da área de Sanidade Vexetal da Consellaría do Medio Rural, que se encargará de explicar as novas condicións para plantar pataca e resolverá as dúbidas que poida ter a veciñanza.
Relacionado:
Discussion about this post