Cabanas pon en marcha o programa de acompañamento emocional “Embarcas?”

Desenvolverase a través das redes sociais do Concello e persegue dotar de recursos socioemocionais ás familias
logo embarcas

O Concello de Cabanas, vén de presentar un programa de acompañamento emocional para as familias do concello en tempo de confinamento. Trátase de “Embarcas?”, un proxecto destinado a tecer redes de axuda e alianzas entre o concello, as familias e os centros de ensino.

Con este programa, o Concello de Cabanas quere dotar á comunidade educativa de ferramentas e recursos socioemocionais, así como «fomentar valores como a igualdade, a solidariedade ou a empatía entre a comunidade educativa», explicaron dende o concello. “Trátase dunha viaxe que nos colleu co mar cambiado (a COVID-19), pero confiamos na tripulación (a veciñanza) para, coas ferramentas axeitadas, chegara bo porto (a nova normalidade)”, sinalan de maneira metafórica desde o goberno de Cabanas.

Para desenvolver a actividade, que se levará a cabo a través das redes sociais do Concello de Cabanas, cada familia deberá crear un barquiño de papel e poñerlle un nome; ese barquiño será o elemento simbólico que iniciará o proxecto e a presentación de cada familia.

A partir de aí o proxecto xirará entorno a catro eixos fundamentais: o compás de navegación, coa creación dun diario de a bordo (un diario emocional); os flotadores, para navegar seguros (a través de estratexias lúdico festivas para pasar mellor o estado de alarma); as bateas, como espazos ancorados nos que medra a vida (sesións de acompañamento emocional); e as redes, como unión (creación dunha historia fiada entre as familias).

Desde o Concello de Cabanas animan a toda a veciñanza, especialmente aquela con menores nas casas, a participar deste proxecto, que se pode seguir nas redes sociais do Concello de Cabanas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.