O Concello de Cabanas vén de presentar unha serie de accións deseñadas a mellorar a sostibilidade do concello, agrupadas baixo a estratexia «Cabanas Sostíbel».
O responsable da área, Iago Varela, explicou que «levaranse a cabo diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio ambiente”, e confirmou que “o plan de compostaxe doméstica, iniciado o outono pasado, será ampliado en breve no marco desta campaña”.
Aproveitando a posta en marcha da estratexia Cabanas Sostíbel, o Concello repartirá entre a veciñanza, en colaboración co comercio local, un milleiro de bolsas de malla reutilizables para a froita, coas que se pretende contribuír á redución do consumo de plástico.