O BNG denuncia a situación da liña ferroviaria Ferrol – Betanzos ao seu paso por Cabanas

O deputado Néstor Rego advirte no Congreso da perigosidade na que se atopa a vía
Imaxe da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas.
Imaxe da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas.

As fortes choivas das ultimas semanas veñen de provocar fortes corrementos de terra no Concello de Cabanas, afectando notablemente ó terreo que sostén as vías de tren da liña Ferrol-Betanzos.

Dada a inexistencia de medidas de control o BNG vén de presentar unha iniciativa parlamentaria no Congreso dos Deputados, na que esixe explicacións ó Goberno sobre qué ten pensado facer para deixar de pór en risco ós pasaxeiros que circulan por esta vía cada día.

“Cómpre a implicación de ADIF para dar unha solución definitiva aos corrementos de terra sobre as vivendas e o paseo marítimo” sinalou o portavoz municipal do BNG e tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela.

Pola súa parte, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu da perigosidade na que se atopa a vía e urxíu “que se poñan en marcha medidas de control para asegurar a estrutura da vía”.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.