A cooperativa agraria Aranxe de Monfero será unha das entidades que se beneficiará das axudas concedidas pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo (CUMAS).
O importe total da subvención será de 100.000 euros, que servirán para mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. Ao tempo, procúrase tamén reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.
Estas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 apostan por fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.
O importe da achega será do 35% dos custos, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización como as zonas con limitacións naturais.
Discussion about this post