50 anos de balonmán eumés

O Clube de Balonmán de Pontedeume celebra esta fin de semana o seu aniversario mais especial
Clube Balonmán Pontedeume
Clube Balonmán Pontedeume

O Clube de Balonmán de Pontedeume celebra esta fin de semana o seu 50 aniversario, consolidándose como un dos equipos máis veteranos neste deporte a nivel galego.

E para festexalo ten programados varios actos:

O venres 17, ás 20.30, realizará na Casa da Cultura a presentación da súa efeméride, para despois dar paso á inauguración dunha exposición fotográfica do clube.

O sábado 18, no Pavillón A Casqueira, haberá tres partidos:

  • Ás 12 da mañá xogo entre veteráns: ex xogadores do clube eumés contra ex xogadores da comarca, León e Asturias.
  • Ás 16.15 enfrentamento entre a S.D Eumesa e o C.B Rasoeiro, no primeiro partido de volta da liga senior.
  • Ás 19.00 partido da Liga Asobal: Ademar León – Balonmán Cangas. Amistoso entre dous equipos da máxima categoría do balonmán español.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.