A confraría de Pontedeume busca solucións contra a mortandade dos recursos mariños

O patrón maior do pósito participou na reunión do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro
Pontedeume_e_Cabanas.Galiza.110[1]

A confraría de pescadores de Pontedeume participou na reunión celebrada na sede do Grupo de Acción Local (GALP) do Sector Pesqueiro. No encontro, tamén participaron os patróns maiores das confrarías de Barallobre, Ferrol, Miño, Mugardos.

Esta reunión, que se enmarca no proxecto de dinamización do sector pesqueiro que está impulsando o GALP, serviu para poñer de manifesto a necesidade de promover iniciativas conxuntas que dean respostas ás problemáticas que está sufrindo nesta zona costeira.

Un dos principais retos é o descenso pronunciado dos recursos marisqueiros, que está afectando á obtención de rendas no conxunto das confrarías. Neste sentido, apréciase unha importante mortandade dos recursos e problemáticas para a súa rexeneración, o cal fai que o sector estea preocupado por analizar e investigar cales poden ser as posibles causas que provoquen esta situación.

Outra das liñas de traballo é á relacionada coa mellora da loxística e a comercialización dos produtos, para o cal vanse promover actuacións que melloren as infraestruturas das confrarías e que supoñan unha mellora nas condicións de traballo para o sector.

Por outra banda, realizarase un estudo sobre o medio mariño das rías da zona, para poder diagnosticar os factores que están afectando aos recursos pesqueiros. A obtención de semente tamén é moi importante, co cal se podería valorar a posta en marcha de proxectos que contribuísen a este fin.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.