Novas beirarrúas e ampliación da calzada en Andrade

O orzamento das obras, que estarán rematadas en primavera, supera os 310.000 euros
Imaxe de arquivo de Benardo Fernández e González Formoso.
Imaxe de arquivo de Benardo Fernández e González Formoso.

O pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou o proxecto e a consignación económica para a construción da beirarrúa e ampliación da calzada da DP 0906 ao seu paso pola parroquia de Andrade, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+533.

Nesta primeira fase de 553 metros, que conecta vivendas e da acceso ao colexio público de Andrade, vaise ampliar o ancho da estrada pasando de 5 a 7 metros e vaise construir unha beirarrúa. Dotarase ese tramo de nova iluminación e deixaranse preinstaladas varias conduccións baixo a beirarrúa para a futura instalación dalgún servizo.

O orzamento das obras ascende a 310.384,07 euros. Unha vez que que xa foron aprobadas, se procederá aos trámites para a súa licitación e contratación, que concluirán na primavera.

Así mesmo, “dende o Goberno Local, e en colaboración coa Deputación é o Ministerio de Fomento, seguimos a traballar tamén para avanzar na dotación de infraestruturas similares noutras zonas do municipio: na expropiación dos terreos necesarios para a construcción das beirarrúa de Centroña, así coma na redacción de varios proxectos para as estradas de Ombre, Perbes-Campolongo e N-651 tamén en Campolongo”, asegura o alcalde, Bernardo Fernández.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.