Pontedeume invita aos veciñós a festexar os Maios desde a casa

O Concello propón crear figuras e flores con papel, plástico, cartón ou calquera material reciclado
Un_maio_en_Pontedeume

O Concello de Pontedeume celebra mañá a súa tradicional Festa dos Maios e invita aos seus veciños e veciñas a facelo desde as súas casas, xa que pola crise do coronavirus non se poderá facer da forma habitual. Por tal motivo, o concello anima á veciñanza a confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera outro elemento. «Entre os seus elementos decorativos ten que haber flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe”, lembran desde o concello.

Os veciños e veciñas que así o desexen poden subir na xornada de mañá unha foto ou pequeno vídeo das súas confeccións ás redes sociais, en aberto para que todos poidan vela, co hashtag #pontedeumemaiosnacasa ou etiquetando ao Concello de Pontedeume. Nas redes sociais do Concello, os eumeses e eumesas teñen á súa disposición enlaces e tutoriais que poden servir de axuda para confeccionar os maios.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.