O Concello de Pontedeume vén de anunciar que acollerá unha nova titulación, equiparable a un Ciclo Superior de Formación profesional, que promete unha alta taxa de inserción laboral para os alumnos e alumnas: Técnico Operario de Industrias Lácteas.
Trátase dun título pioneiro, ata o de agora inexistente en España, que da man de Leche Celta e a institución educativa Effuture, ofertará cada ano 15 prazas para formar operadores expertos, un traballo con futuro adaptado ás novas necesidades profesionais no sector leiteiro.
O curso, que comezará no mes de marzo, será dual: seis meses de estudos teóricos combinados con prácticas nas instalacións de Leche Celta, tralas que a empresa comprométese a contratar polo menos ó 40% dos alumnos e alumnas.
Discussion about this post