O Concello de Pontedeume xa ten lista a súa programación do Entroido 2020, que este ano chega con moitas actividades para todas as idades desde este venres, día 21 de febreiro, e ata o mércores 26.
A programación comezará este venres coa visita dos Robots 2.0 e Científicos Locos aos centros escolares e o concerto infantil de Los Mecánicos na praza Real (18:30 horas). O sábado 22 será o Concurso de Disfraces de Adultos, que porá fin a unha xornada de pasarrúas e sorteos, mentres que o domingo haberá actividades de dinamización do Entroido con obradoiros, photocall e larpeiradas.
As actividades continúan o luns 24 cunha festa infantil de disfraces con Cantaxogos, degustación de doces típicos e a actuación pola noite dunha banda homenaxe a Joaquín Sabina. O martes 25 chega a quenda do tradicional desfile de comparsas e o Entroido remata o mércores 26 coa Comida dos Parentes e o velorio, procesión e queima do Finado.
“Xa temos gañas de Entroido, de disfraces e de pásalo ben; a programación municipal está planificada para que todos os veciños e veciñas, independentemene da súa idade, poidan disfrutar das actividades”, asegura a concelleira de Cultura, Ángela Piñeiro.
Discussion about this post