Pontedeume recupera o esplendor do Feirón Medieval este fin de semana

Case un centenar de postos de artesanía e alimentación, o rincón infantil, música medieval, teatro, pasarrúas, danza, xograres, marionetas xigantes e concertos inundarán as rúas do casco histórico
A cita será os días 1, 2 e 3 de xullo
A cita será os días 1, 2 e 3 de xullo

Descarga o programa do XII Feirón Medieval dos Andrade

 

Xa está todo preparado para recuperar na súa totalidade o noso Feirón Medieval dos Andrade os días 1, 2 e 3 de xullo. Case un centenar de postos de artesanía e alimentación, o rincón infantil, música medieval, teatro, pasarrúas, danza, xograres, marionetas xigantes e concertos inundarán as rúas do casco histórico.

Unha pregoeira de luxo, a actriz galega Lucía Veiga dará o pistoletazo de saída para reencontrarnos co noso pasado medieval. E este ano, ademáis, o cartel fai referencia á valentía das damas e cabaleiros de Pontedeume ante os incendios que devastaron a nosa vila e ao seu tesón para acadar a súa reconstrución.

Concurso de fotografía e debuxo

Este ano, ademáis, as instantáneas do feirón poden ter premio, xa que o Concello organizou un concurso de fotografía. Premiarase a fotografía máis orixinal realizada durante O Feirón Medieval Dos Andrade 2022. A participación será desde a rede social Instagram co hashtag #Feironmedievaldosandrade2022. A gañadora ou gañador decidirase o domingo ás 15:00 horas e o premio será unha cea para dúas persoas na taberna do Mercado o mesmo día.

Como no pasado ano, tamén haberá un concurso de debuxo dirixido ao público infantil, as e os participantes deberán entregar o debuxo relacionado co Feirón no punto de información. É necesario indicar un teléfono de contacto e o domingo ás 15:00 horas saberemos quen é a gañadora ou gañador cun premio cheque regalo de 30 euros para canxear no Feirón Medieval Dos Andrade 2022.

De cara á montaxe de atraccións, postos e establecementos de alimentación deseñouse o operativo necesario de retirada de vehículos das diferentes prazas e rúas do casco histórico de cara a garantir un correcto desenvolvemento das diferentes instalacións, saídas e servizos de emerxencias e xestión e tratamento de residuos.

A planificación de retirada de vehículos é a seguinte: O xoves 30 de xuño despexaranse as rúas Couceiro Freijomil, praza de Rosalía, praza de España, praza do Conde, praza de San Roque, rúa Corredoiras das Virtudes, avenida de Rajoy e na rúa Fene soamente estará permitido o aparcamento no lado dereito
en sentido de baixada.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.