Este fin de semana trae dous eventos a Pontedeume. O vindeiro sábado, 1 de outubre, a Asociación Sociocultural ASCM, en colaboración co Concello de Pontedeume, organiza a Andaina de cores Inclusiva «CamiñaXtodas» no paseo marítimo Rosalía de Castro. O obxectivo deste evento é dar a coñecer o papel das persoas con discapacidade na sociedade. Realizarase un percorrido de dous quilómetros aproximadamente, onde tódalas persoas participantes serán espolvoreadas con distintas cores. A andaina comeza ás 18:00 horas.
Xa pola noitiña, tamén este sábado, 1 de outubro, terá lugar na Igrexa de Santiago de Pontedeume a XV edición do Festival de Outono. A cita comezará contra as 20.30 horas. Nesta ocasión o festival contará coas actuacións da coral polifónica ‘A Magdalena’, de Ferrol; o coro Ángel Émbil, de Pola de Siero, Asturias, e o Coro Alegre Intermezzo de Pontedeume, que é ademáis o organizador do festival xunto con Concello.