A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.
Isto supón que na área ferrolá son 4 casos menos que onte e dos que 3 son casos activos en hospitalización e 28 os que se atopan en illamento no seu domicilio. Son un total de 530 persoas as que xa superaron o coronavirus e recibiron a alta epidemiolóxica.
O número de falecidos non variou desde o pasado día 9 de maio, polo que seguen sendo 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.