Á área de Ferrol apenas sufriu cambios nas últimas 24 horas respecto do número de contaxios por coronavirus. No reconto deste luns había 107 casos activos, un menos que onte, e as hospitalizacións mantéñense case invariables, con 6 peroas en planta do Arquitecto Marcide e 3 na UCI.
Esto deixa outros 98 casos activos en illamento domiciliario con sintomatoloxía leve. Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública son xa 439 persoas as que superaron o virus nas tres comarcas e recibiron a alta epidemiolóxica.
Respecto do número de falecidos, son 33 as vitimas mortais que deixa ata hoxe o coronvirus en Ferrol, Eume e Ortegal, tres delas en residencias de maiores e o resto nos centros hospitalarios.
Discussion about this post