A área sanitaria de Ferrol só rexistra un novo caso de Covid-19 dende onte

Xa se deron 52 altas hospitalarias dende o comezo da crise
coronavirus-respuestas

Os datos dos últimos dez días na área sanitaria de Ferrol respecto ao número de contaxios por coronavirus están sendo esperanzadores. A curva de positivos vaise aplanando cada vez máis e o sistema público de saúde esta a absorber con eficiencia o impacto da pandemia. Dende o pasado día 5 de abril, rexistráronse unha media de 3 novos casos diarios nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, o que deixa un total de 338 doentes detectados con coronavirus, só un máis que onte.

A estes casos únense as 22 vítimas mortais contabilizadas ata agora na zona. Dous faleceron en residencias de maiores e o resto nas UCI dos hospitais de Ferrol. Dos actuais positivos, 296 permanecen no seu domicilio e os outro 42 ingresados no Arquitecto Marcide e no Hospital Naval, 10 deles nas UCI. As altas hospitalarias xa son 52 dende que comezou a crise.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.