A área sanitaria de Ferrol, segundo os datos ofrecidos pola Dirección Xeral de Saúde Pública, rexistra actualmente 306 positivos por coronavirus, un 8,1% máis que onte. Un crecemento, tal e como ven pasando durante toda esta semana, notablemente inferior ao do mes de marzo, onde os incrementos diarios foron dun 30% de media.
Ademáis, do total de doentes un 85%, 259 casos, atópanse no seu domicilio con síntomas leves e só 47 permaneces hospitalizados. Destes, son 11 os que revisten un estado máis grave e están nas unidades de coidados intensivos. Ata hoxe, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal xa se deron 26 altas hospitalarias a doentes que lograron superaran o virus.
A área sanitaria de Ferrol xa fixo dende mediados de marzo preto de 1.700 tests entre os realizadas no propio hospital Arquitecto Marcide, que son as que teñen preferencia, e as que se efectúan nos domicilios e no punto fixo do Novoa Santos. Aínda que todavía hai resultados de mostras xa extraídas que están pendentes de saír do laboratorio, as cifras facilitadas polo Sergas evidencian que a maioría desas probas están a resultar negativas.
Discussion about this post