A Mancomunidade reelaborará o seu proxecto de promoción turística

A Deputación concedeulle unha subvención de 120.000 euros de xeito provisional para deseñar unha nova estratexia
ESCUELADESURF-1030x690

Os representantes municipais na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol participaron hoxe nunha reunión telemática na que analizaron a reorientación do proxecto de promoción turística do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, para o que a Deputación acaba de conceder, de xeito provisional, unha subvención de 120.000 euros.

Todos os participantes estiveron de acordo en que é preciso centrar todo o posible o emprego deses fondos en que teñan unha repercusión o máis directa posible no tecido empresarial local. De feito, a propia Deputación solicitou formalmente que se reelaborase o proxecto tendo en conta as circunstancias actuais, xa que a memoria foi redactada antes de coñecer a gravidade desta crise. O novo documento, que terá que axustarse ás novas necesidades, deberá contar coa aprobación da institución provincial.

A idea é que as accións que se poñan en marcha teñan en conta dous parámetros de forma simultánea: a promoción efectiva e o gasto na comarca. Dentro desa idea, analizouse, entre outras, a posibilidade de pór e marcha campañas de sorteos de bonos ou similares, que cumpren con esa dobre función.

Relacionadas