A piscina de Centieiras de Fene xa está aberta de novo ao público

Haberán estritas medidas hixiénicas e sanitarias as que facer fronte para evitar posibles contaxios pola Covid-19, así como unha reducción do aforo ao 50%
asdfas

A piscina de Centieiras  do Concello de Fene está aberta de novo ao público desde onte martes 1 de setembro, a cal está adaptada ás medidas de prevención da Covid-19. Esa adaptación tradúcese en que se deberá seguir o protocolo de seguridade definido polo Concello para acceder e usar o equipamento, reducindo o seu aforo ao 50%.

Medidas fronte á Covid-19

Durante o mes de setembro o horario de apertura das instalacións será de luns a sábado 17.00 a 22.00 horas e tanto o nado libre como o uso do ximnasio deberán cinguirse a sesións de 45 minutos de duración, con posibilidade de combinar ambas opcións no mesmo día sempre que sexan consecutivas e haxa oco dispoñible.

A maiores o protocolo indica que á entrada se rexistrarán os datos e se lle tomará a temperatura a todas as persoas usuarias. Unha vez dentro terán que gardar sempre 1,5 metros de separación nos movementos que fagan polo recinto e tamén durante a práctica deportiva.

O uso da máscara non será obrigatorio no vaso nin no ximnasio no momento de nadar ou facer o exercicio -onde igualmente se terá que manter a distancia interpersoal-, e haberá que poñela si ou si para ir e vir dos vestiarios, aínda que se poida gardar a separación.

Acesso ao recinto deportivo

Para acceder poderase mercar a entrada na instalación ou ben empregar o Bono deporte do Concello de Fene, con dereito a utilizar o ximnasio e mailo vaso indistintamente ou ben combinar ambas opcións, sempre que sexa en franxas horarias consecutivas. Na piscina non poderá haber máis de 52 persoas ao mesmo tempo e no ximnasio o límite está fixado en 6 usuarias.

As persoas usuarias do ximnasio contarán cun monitorado de 19.00 a 21.00 horas quen establecerá as rutinas de adestramento e control -que poden verse modificadas se a situación sanitaria así o aconsella- ademais de incentivar os hábitos de hixiene preventiva.

Para consultar a dispoñibilidade de espazos no día e franxa horaria na que desexe asistir -e tamén para facer a reserva- pode chamarse aos teléfonos da instalación -981 344 341 e 607 627 103- durante o horario de apertura. Tamén hai a posibilidade de reservar a través da plataforma de deportes www.deporte.fene.es, para o que será necesario contar con usuario e contrasinal ou darse de alta no mesmo momento de facer a consulta.

Desde o departamento municipal de Deportes insístese en que cada persoa só poderá reservar un máximo de dúas franxas horarias por día e deberán ser consecutivas, para dar opción a que se poida usar ximnasio e vaso na mesma xornada e, ao mesmo tempo, garantir que as instalacións poidan ser utilizadas polo maior número de persoas posible malia a redución do aforo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.