A Policía Local desaloxa ata 9 persoas do interior dun bar en Esteiro aberto ás 04.00 horas da mañá

No interior do establecemento había un bebé e 8 adultos, os cales estaban a consumir alcohol e fumando sen ningunha medida protectora
Agentes de la policía local
Agentes de la policía local

A Policía Local denunciou o pasado domingo á propietaria dun local do barrio de Esteiro tras comprobar que preto das 4 da mañá o establecemento se atopaba aberto e con persoas consumindo no seu interior.

Unha vez que entraron os axentes ao establecemento puideron comprobar que no seu interior había un bebé e oito adultos tomando bebidas alcohólicas e fumando sen máscaras e sen ningunha outra medida preventiva.

Posterior e inmediatamente a Policía Local dispúxose a desaloxar o local. Tamén o pasado domingo día 13, ao redor das dez da mañá, os axentes identificaron a unha vintena de persoas que participaban nunha festa nunha finca, que dispoñía dunha carpa. Os axentes solicitaron que saíran todos momentaneamente para proceder a súa identificación por se puidese aparecer un brote de Covid-19 entre os participantes.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.